Amosando publicacións coa etiqueta reto!. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta reto!. Amosar todas as publicacións

venres, 22 de maio de 2020

Día #44

Bo día!!

Hoxe a entrada vai destinada a seguir animándovos coa ximkana do confinamento!!!

Aproveito para informarvos tamén de que tedes dispoñibles na páxina PROGRAMACIÓNS ADAPTADAS do blogue as adaptacións das programacións do curso actual para consultar.

Apertas a todos!!

xoves, 21 de maio de 2020

Día #43

Bo Día!!

Xa teño constancia de que hai varias rapazas e varios rapaces que están a rematar os retos propostos polos especialistas!
Ánimo a todos os que estades a facelo, xa vedes que é posible!

Para os que ides chegando algo máis tarde, volvo deixar os vídeos de explicación máis abaixo!

Calquera dúbida que vos asalte: ajcostas@edu.xunta.gal

A por todas!!!
Apertas!!!

mércores, 20 de maio de 2020

Día #42

Bo Día!!

Andades ben liados coa Ximkana do confinamento eh!

De momento non vos vou mandar máis nada ata que rematedes estes retos, algúns parece ser que son bastante complicados, en que pensaría o de Educación Física!?

Xa vou recibindo bastantes emails, pero aínda non estades todos!

Pídovos un favor a todos aqueles que me envían correos:

Poñede no asunto que actividade ou reto me estades a enviar, e o nome do arquivo (na medida do posible) que teña o da actividade e o voso propio nome! Así resúltame máis doado ordenalos e ter todo ben organizadiño.

Por exemplo: Se me enviades a enquisa do Día #40, no asunto do email poñedes: Enquisa, e nomeades Enquisa "Alberto Costas" (este é o meu nome, vos poñede o voso, que nos coñecemos!) o documento de word (os que envíen un documento de word), o vídeo (os que envíen vídeo) ou antes do corpo do email (os que o escriban directamente).

E volvo animarvos a participar coa ximkana e repito os vídeos!!


Apertas a todos!!!

martes, 19 de maio de 2020

Día #41

Bo Día!!


Estou inmerso na grabación e edición dos retos que faltan para poder publicalos, pido un pouco de paciencia!

Tamén me atopo arquivando as vosas enquisas e analizando a miña teledocencia mediante un DAFO a través das mesmas!

E estou tamén a recibir xa os correos da ximkana do confinamento que propuxemos os especialistas!

Así que hoxe aproveito a entrada para animarvos a que a realicedes, con estes vídeos!






luns, 18 de maio de 2020

Día #40

Bo Día!!

Sei que aínda teño retos pendientes de publicar, non desesperedes, vou poñer todos!!

Hoxe gustaríame pasarvos unha pequena enquisa para facerme unha pequena idea de como funcionou o blogue e tamén de como melloralo no futuro.

Son 7 preguntiñas de nada que podedes contestar en un minutiño!
Imos logo:

  1. Cál foi o reto que máis che gustou?
  2. Cál foi o que menos che gustou?
  3. Qué reto che costou máis realizar? Por qué pensas que foi?
  4. Que reto che resultou máis doado? Por qué cres que foi?
  5. Cál ou cales de todos os retos che pareceu ou pareceron imposibles de facer? Como pensas que podería propoñelos para que fose posible?
  6. Foi máis cómodo para ti que os retos propostos os realizase eu e poder velos feitos?
  7. Pareceuche unha boa iniciativa este plantexamento para o período de confiinamento? Por qué?
Gustaríame que esta enquisa fose o máis privada posible para non influirvos entre vos, así que prefiro que me enviedes as respostas por email e non as deixedes en comentarios!

Lembrade o meu email: ajcostas@edu.xunta.es

Esta semana continúo subindo os retos que propoñedes, se algún tivo outra idea xenial para que eu leve a cabo e poder repetila, xa sabedes onde escribir!!

Apertas a todos!!

venres, 15 de maio de 2020

Día #39

Bo Día!!!!

Hoxe toca outro traballo por estacións, pero un pouquiño máis duro e cun engadido de habilidade!

Alicia Ferreira propón o seguinte:

Material: Corda, 2 botellas de auga cheas, pelota

Normas: Realizaremos, nesta orde, os seguintes exercicios cun descanso de 10 segundos entre eles: 30 segundos saltando á corda, 10 flexións de brazo, 30 segundos de exercicios de bíceps coas botellas, dar toques coa pelota!

Vos decidides se supero ou non o reto!

DENTRO VÍDEO!!<----Click Aquí

De momento aínda teño retos que me enviaron que irei realizando, así que se queredes podedes seguir enviando ao meu email as vosas propostas seguindo as pautas do Día #35

ajcostas@edu.xunta.es

Apertas para todos e boa fin de semana!

xoves, 14 de maio de 2020

Día #38

Bo Día!!

O primeiro pedir desculpas pola demora de hoxe en publicar, pero cunha nena pequena na casa e a capacidade de subida de datos, resulta complicado realizar o vídeo, editalo e subilo nun tempo concreto, estou tratando de organizarme o mellor posible sen que afecte no día a día da miña familia.
Dito isto, quero agradecer a paciencia e axuda que me están a brindar, tanto a miña muller coma a miña filla durante todo o confinamento!

Imos ao allo?

Para hoxe un reto triple proposto por Leo e Guille Santos Fernández!!

Material: Vou precisar unha raqueta, unha pelota de tenis, un "vehículo" de xoguete e un pao alongado.

Reto: Teño que dar 100 toques coa raqueta e a pelota, unha viaxe no "vehículo" que elixín e por último unha partida de limbo, buscando o meu límite!

DENTRO VÍDEO!<----Click Aquí

Vouvos facer un pequeno spoiler, que ao mellor no vídeo non se aprecia: Din exactamente 64 toques e no limbo logrei completar ata 4 pasadas a diferentes alturas, comparto so a primeira e a última para que non se vos faga pesado!


Seguide enviando retos e seguirei facéndoos!

ajcostas@edu.xunta.es

Moitos estades a acompañarme neste cometido, así que en canto poida irei subindo á páxina de anécdotas os vosos progresos!

Apertas a todos!!

mércores, 13 de maio de 2020

Día #37

Bo día!!!

Hoxe tocou realizar o reto de Míkel Dasilva Fernández!

Deixovos as especificacións técnicas e logo o vídeo realizandoo!

Material: 10 rollos de papel hixiénico (El propoñía menos, pero sabedes que me gusta complicarme) e unha toalla.

Normas: O reto consiste en colocar os rollos de papel utilizando so os pes do frontal da toalla á parte de atrás (imaxino que habería que colocalos de pé e non de calquer maneira, vou ser sincero, fixen o que puiden, a miña flexibilidade non é o que era...)

E sen máis dilación... DENTRO VÍDEO!!<-----Click Aquí

Lembrade que podedes seguir mandándome retos, a vos realizando os retos ou o que vos pareza a:

ajcostas@edu.xunta.es

Apertas a todos!

PD--> O do bolsillo por fora é un guiño a varias alumnas e varios alumnos, eles xa saben porqué! 😉

martes, 12 de maio de 2020

Día #36

Bo Día!!!

O prometido é débeda!!

O primeiro que me enviou un reto foi Diego Martínez Mera, de 4º de Primaria, e a proposta de reto, que eu mesmo aceptei foi a seguinte:

Material: unha pelota
Normas: Elixe 5 exercicios para realizar coa pelota en diferentes estacións e realiza cada exercicio durante 10 segundos, terás outros 10 de descanso para cambiar de estación. 

Aquí está a proba!<-------Click Aquí

Explico porque decidín facer cambios na proposta:

O tempo de realización dos exercicios é de 10 segundos e para unha persoa con fondo físico, co mesmo tempo de descanso non supón un reto real, por iso eliminei o tempo de descanso e o desprazamento realizando todo seguido no sitio.

Foi moi boa proposta e realmente foi un reto de bastante esixencia física!

Teño máis propostas que irei realizando ao longo da semana, acompañádeme e seguide mandando, propostas e vídeos realizando as dos vosos compañeiros ao meu correo: 

ajcostas@edu.xunta.es

Ánimo e moitas apertas, estou desexando vervos!

luns, 11 de maio de 2020

Día #35

Bo Día!!

Chegou o momento que tanto agardástedes, ese momento tan temido por min e ansiado por vos!

Hoxe o reto consiste en propoñerlle un reto ao profe!!



Esta semana irei realizando os retos que me enviedes ao email e publicarei as anécdotas día a día!

Podedes ir realizando durante os días que dure esta actividade os retos que propoñan os vosos compañeiros ou os vosos propios retos, qué me enviaredes a:

ajcostas@edu.xunta.es

Lembrade seguir as instruccións para dar boas indicacións de cara ao reto:

  • Nomear ou facilitar o material necesario para realizalo.
  • Explicar paso por paso o que debemos facer
  • Especificar as normas do reto e dar pautas ou exemplos que axuden a comprender o que queredes que se faga.
  • Apoiarvos en formatos audiovisuais que vos axuden a facervos entender.
Moito ánimo coas propostas! Sede realistas, non esquezades que perdín os meus poderes sobrenaturais e agora so podo facer o mesmo ca vos...

Apertas a todas e todos!!

venres, 8 de maio de 2020

Día #34

Bo día!!


Poucos mimos recibín, menos dos que agardaba!

De todas maneiras os que foron chegando están xenial! Así que animádevos todos a compartir un feito cotidiano sen sonido connosco!!

Hoxe vai tocar moverse de novo, e bastante! temos que traballar por estacións!

Dividiremos o espazo co que contemos en 5 estacións diferentes, este exercicio faríase mellor fora da casa, pero non é imposible facelo en 2 habitacións (ou incluso unha se é medianamente grande e se pode valeirar).

Unha vez dividamos o espazo debemos determinar que exercicio se vai a levar a cabo en cada unha das estacións, para iso vos deixo unha folla guía, aínda que a estas alturas seguro que xa sabedes moitos exercicios e tedes claro cales son os vosos favoritos!



Realizaremos o exercicio durante 20 segundos e descansaremos 10 segundos, mentres imos á seguinte estación.

Podedes dar cantas voltas queirades ao circuito, ainda que eu recomendo, para aqueles que andiveron menos activos durante este confinamento, que non pasedes de 3 series, é dicir, que non dedes máis de 3 voltas ao circuito!!

Ánimo, e moitas apertas!!!!

E xa sabedes, agardo anécdotas no meu correo!

ajcostas@edu.xunta.es!

xoves, 7 de maio de 2020

Día #33

Bo Día!!!


Foi unha boa sudada onte? Modificastedes algo porque vos resultaba sinxelo?

Imos logo co reto de hoxe!

Debemos convertirnos en mimos e representar varias situacións da vida cotidiana tendo sempre en conta este momento que estamos a vivir.






Lembrade que os mimos non poden falar nin facer sonidos, entón teredes que facervos entender tan so coa expresión corporal!!

Déixovos uns exemplos de situacións que poderíades representar, pero serán benvidas todas aquelas que se vos ocurran!! (O disfraz de mimo é opcional, pero estaría moi ben que o levárades, por aquilo de pasalo ben!)

    • Ir tomar un café a un bar
    • Sair a facer deporte á rúa
    • Erguerse da cama tras unha mala noite
    • Quedar cun amigo para xogar
    • Volta á casa despois de ir dar un paseo
    • Prepararse para meterse na cama

Podedes enviar un vídeo coa vosa representación a ajcostas@edu.xunta.es e será publicado na páxina Anécdotas dos Retos II se especificades que se pode compartir!
Os vídeos deberán durar 1 minuto e medio de tempo, así resultará máis sinxelo de levar a eito e tamén de subir á plataforma!

Mándovos moitas apertas virtuais, estou desexando vervos de novo a todos!!!

mércores, 6 de maio de 2020

Día #32

Bo Día!!

Hoxe imos aproveitar de novo que nos deixan saír á rúa e imos realizar un reto relacionado co atletismo!

Faremos un circuíto oberón adaptado!!




O reto consiste no seguinte:
Estableceremos unha distancia duns 20 pasos marcada por dous puntos, saída-chegada e control.
Recorreremos esa distancia correndo, ida e volta.
Ao chegar realizaremos un dos exercicios que se propoñen na imaxe, esta vez non imos a realizalo por tempo, se non por repeticións,
é dicir en lugar de facer abdominais durante 15 segundos, faremos 5 abdominais independientemente do tempo que nos leve.
Ao rematar o exercicio volveremos recorrer a distancia en carreira ida e volta.
Cando cheguemos, realizamos outro exercicio.
Así ate completar o total dos exercicios do debuxo!
Este circuíto supón un bo esforzo, pero estou seguro de que todos ides lograr superar o reto!
Déixovos a imaxe para guiarvos!
Xa sabedes, a aqueles que lles resulte moi doado coas pautas que din, poden complicalo de mil maneiras, aumentando a distancia de carreira,
aumentando o ritmo de carreira, aumentando o número de repeticións, realizando o circuito varias veces... todo está no voso maxín!!!

Ánimo e a por todas! agardo os vosos vídeos e fotos en ajcostas@edu.xunta.es

martes, 5 de maio de 2020

Día #31

Bo Día!!!


Practicástedes moita puntería!? 
A verdade é que vexo na creación dos ringos que moitos de vos sodes verdadeiros artistas!!! Imos logo con outro xogo de mesa, que vexo que vos gustan e así fan que vos movades un pouquiño máis!! 
O reto de hoxe é... PARCHÍS! 



Material: 


Cada xogador ou xogadora dispón de 4 fichas dunha mesma cor (amarelas, vermellas, verdes e azuis) e dunha zona de inicio chamada “CASA”. O taboleiro está composto por casillas, 12 das cales son seguros (marcadas cun círculo no medio), polas que se pode desprazar calquera ficha. Ademáis, cada grupo dispón de 7 casillas de chegada e unha meta (casilla de maior tamaño situada no centro do taboleiro) polas que únicamente poden desprazarse as suas fichas e que están marcadas coa súa cor. Tamén necesitarás un dado. 


Normas e Obxectivo: 


Conseguir levar as 4 fichas dende a casa ata a casilla de meta recorrendo todo o taboleiro, antes que o resto de grupos. 


Cada casilla contén un exercicio que ten que realizar o xogador/a, para volver tirar o dado, seguindo a orde de tirada. As 7 casillas de chegada non están numeradas, caia onde caia deberán realizar calquera dos exercicios do taboleiro qué o xogador ou xogadora prefira. 


Antes de comezar a partida, cada xogador e xogadora lanza o dado. Aquela ou aquel que saque o número máis alto é o que comeza a partida. Todas as xogadoras e xogadores inician o xogo cunha ficha no taboleiro e as demáis na casa. 


Só poderán sacar unha ficha da casa cando obteñan un 5, e tamén (como excepción) se non teñen ningunha ficha en xogo, xa que é obligatorio ter unha polo menos. 


Esta acción é obrigatoria mentres a xogadora ou o xogador teñan fichas na casa, salvo se a casilla de saída está ocupada por dúas fichas. 


As fichas que se atopen en xogo podense mover lanzando o dado. A xogadora ou o xogador está obrigada ou obrigado a avanzar unha das fichas tantas casillas como indique o dado se é posible. 


Se o grupo saca un 6 poderá repetir turno. Se ten todas as fichas fora da casa, o 6 valerá 7 pero se saca ese número 3 veces consecutivas a última ficha que mova será enviada á casa, salvo se non se realizou ningún movemento ou se a última ficha movida se atopa no pasillo de chegada á meta. 


Fórmase unha ponte cando dúas fichas da mesma cor coincidan na mesma casilla. Se as opcións da mesa o indican, tamén é posible que dúas fichas de distinta cor formen parte dunha ponte nun seguro. As pontes impiden o paso a calquera ficha. 


Se nunha casilla houbera dúas fichas que non constituen ponte, calquera ficha podería saltalas pero nunca ocupar un lugar nesa posición. 


Se un grupo ten algunha das súas fichas formando unha ponte e saca un 6 está obrigado a romper a ponte movendo unha das fichas que a forman. Se ten máis dunha ponte formada a xogadora ou o xogador decide cal romper. 


Para "comer" a ficha dunha xogadora ou xogador contrario é suficiente con caer na mesma casilla sempre e cando esta non sexa un seguro. A ficha "comida" será devolta á casa e a xogadora ou xogador que logrou a captura debe avanzar unha das súas fichas 20 casillas sempre que lle sexa posible. 


Se un grupo no seu turno saca un 5 e a súa casilla de saida está ocupada por dúas fichas, e unha ou ambas non lle pertencen, pode "comer" a última das fichas que entrou nesa casilla e contar 20 coma en calquera outra captura. 


Os exercicios realizaranse todos por tempo. Debe ser establecido ao principio do xogo e dependendo do nivel físico de cada xogador podemos varialo: 


· 15/20 segundos 


· 20/30 segundos 


· 45 segundos... 


Desfrutádeo e lembrade! agardo as anécdotas en ajcostas@edu.xunta.es! 


Animade aos vosos papás e mamás a xogar convosco!!! 


Apertas!

luns, 4 de maio de 2020

Día #30

Bo Día!!!!


Que tal as partidas de UNO?
Quedou o corpo mallado?
Xogastedes sos, acompañados?
Resultou complicado comprender as normas?

Podedes respostar estas preguntas en comentarios!!

O reto de hoxe é construir e utilizar un RINGO (Disco Voador)

Como vos digo sempre, podemos darlle voltas para facelo máis complicado!




Primeiro construiremos os Ringos, coa parte de fora dos platos plásticos que se usan nos cumples, decoramos como nos guste e podemos ir xogando con eses ringos, pero sería interesante construir tamén, co tubo do papel de cociña, un mástil sobre o qué poidamos practicar a nosa coordinación óculo manual!

Ánimo e a por todas!!! Agardo os vosos vídeos e fotos en:

ajcostas@edu.xunta.es (a extensión pode ser .gal ou .es)

xoves, 30 de abril de 2020

Día #29

Bo Día!!


Lograstedes pasar a tela de araña sen rompela?!

Imos logo co reto de hoxe!

Penso que todo o mundo ten un xogo na casa que se chama UNO, verdade? de non ser así non vos preocupedes porque vos vou compartir en imaxes o xogo para que poidades imprimilo ou debuxalo ao voso gusto!
O reto que propoño é unha partida de UNO pero metendo unhas novas normas...😇









Nas imaxes vai todo o que tendes que saber para pasar unha tarde entretida en soidade ou en compañía, como prefirades! Fe de erratas (acabo de darme conta de que na imaxe das normas hai dúas erratas, di amarrillo en lugar de amarillo e tamén pon que o tempo de xogo será de 5,8 ou 1 minutos, pero ese 1 é un 10! 🙏🙏)
E xa sabedes, estou no meu email para calquera cousa que precisedes!

ajcostas@edu.xunta.es

Apertas virtuais!

mércores, 29 de abril de 2020

Día #28

Bo Día!!

Que tal as saídas?! Estades respetando as normas? Lembrade que é responsabilidade de todos conseguir vencer a este virus!!

Para hoxe propoño algo complicado 😈

Xoguemos á ARAÑA!

Colocaremos ao longo do corredor da casa unha serie de tiras de papel hixiénico e trataremos de pasar sen romper ningunha!
Sabedes que coma todos os retos que propoño a dificultade sempre se pode modificar, iso queda á vosa elección! 😜



Lembrade que para compartir as vosas fazañas so tedes que enviar un correo coa foto ou vídeo a:
ajcostas@edu.xunta.es

martes, 28 de abril de 2020

Día #27

Bo Día!!!

Antes de comezar co reto gustaríame aclarar un par de cousas.
O post de anécdotas non se está a actualizar por problemas técnicos (agora mesmo xa non sei se da páxina ou do meu pc) ante isto o que farei será abrir outro e anclalo debaixo do primeiro, así todos poderedes continuar desfrutando vendo aos compañeiros realizar os retos!

Dito isto, a proposta de hoxe (ía ser a de onte, pero xa tiñamos apalabrado o das olimpiadas 😉) é que saiades á rúa co voso xoguete favorito!! O reto será respectar as normas das saídas que vos lembran dende o departamento de orientación do cole e que repasaremos neste vídeo que vos poño a continuación!


Aqueles que queiran compartir a súa saída, xa saben a donde enviar a foto ou vídeo!
ajcostas@edu.xunta.es
Apertas a todos!!!



luns, 27 de abril de 2020

Día #26

Bo día!!!



O prometido é débeda!

Aquí tedes os vídeos que me fóstedes mandando para que adiviñedes o deporte olímpico que se representa!

Deberedes deixar en comentarios que deporte crees que é cada un poñendo o número do vídeo e ao lado o nome do deporte: exemplo 1-floorball. Non esquezades identificarvos, lembrade que non son adiviño aínda!

Comezamos!

1-

2-

3-

4-

5-

6-

7-

8-


9-

10-

11-


Ánimo!!


Sabedes que me atopo no meu email para calquera cousa que precisedes!! apertas!!

ajcostas@edu.xunta.es

venres, 24 de abril de 2020

Día #25

Bo Día!!

Sinto a tardanza, pero xa estou aquí de novo cun novo reto!!!

 Espero que o pasásedes de rechupete onte coas mariquitillas (teño constancia de que algúns si!)

Hoxe imos facer un desafio Fortnite!!!

É moi simple, volvendo a retomar a expresión corporal e a danza, debemos imitar o  mellor posible 3 coreografías do xogo de moda! Déixovos algúns exemplos por aquí!




Xa sabedes, agardo velas no meu correo!!! ajcostas@edu.xunta.es

Día #44

Bo día!! Hoxe a entrada vai destinada a seguir animándovos coa ximkana do confinamento!!! Aproveito para informarvos tamén de que tedes disp...