Health Tips

Bo día!!!

Esta páxina é para aqueles alumnos que estén a resolver os challenge de Marta e Nerea!

Hoxe vai tocar moverse de novo, e bastante! temos que traballar por estacións!

Dividiremos o espazo co que contemos en 5 estacións diferentes, este exercicio faríase mellor fora da casa, pero non é imposible facelo en 2 habitacións (ou incluso unha se é medianamente grande e se pode valeirar).

Unha vez dividamos o espazo debemos determinar que exercicio se vai a levar a cabo en cada unha das estacións, para iso vos deixo unha folla guía e un excelente vídeo <--- Click aquí


Realizaremos o exercicio durante 20 segundos e descansaremos 10 segundos, mentres imos á seguinte estación.

Podedes dar cantas voltas queirades ao circuito, ainda que eu recomendo, para aqueles que andiveron menos activos durante este confinamento, que non pasedes de 3 series, é dicir, que non dedes máis de 3 voltas ao circuito!!

Lembrade darvos unha boa ducha ao rematar, non podemos esquecer a hixiene corporal, nin tampouco a postural!

Ánimo, e moitas apertas!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día #44

Bo día!! Hoxe a entrada vai destinada a seguir animándovos coa ximkana do confinamento!!! Aproveito para informarvos tamén de que tedes disp...