Amosando publicacións coa etiqueta Infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Infantil. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de marzo de 2020

Día #2

Bo día!!


Chegamos ao segundo día dos retos!! Este desafío vai vento en popa polo que vexo.

Xa vou tendo algún material para mostrar do desafío de onte, o de hoxe non vai quedar atrás!!


Para o martes 17 de marzo quero que saquedes a relucir o artista que levades dentro, así que collede roupa cómoda, un dispositivo con conexión a internet e poñédelle moitas ganas porque hoxe imos BAILAR!



Primeiro de todo imitaremos os bailes feitos en youtube no videoxogo just dance:




Eu elixín estes dous, pero hai moitísimos máis!!!!

Unha vez cumprida esta parte do reto, con moita diversión pola vosa parte, pasamos a unha parte do reto máis complicada:
Imitar o baile da app tik tok: 



Non terei que dicir que isto xa sería reto máis que cumprido!! Pero vou engadir un punto máis a este desafío, crearemos a nosa propia coreografía para esta canción!!

Que vos parece o desafío de hoxe? Estades ready para cumplilo??? Dádelle caña!!! Agardo as vosas fotos e vídeos!!!! ajcostas@edu.xunta.es




venres, 13 de marzo de 2020

Benvidas e benvidos!!!






Que tal alumnas e alumnos, nais e pais, como levamos a cuarentena?

A partir de hoxe e ata novo aviso, usaremos este Blog para establecer una comunicación fluida e que así poidamos seguir xogando e mellorando a nosa condición física.

Irei colgando en cada entrada diferentes enlaces nos que mostrarei as actividades e exercicios recomendados para no deixarse ir e poder seguir evolucionando.


Tentarei facelo de maneira que vos divirtades todos na casa e que poidades, ademáis de pasar un bo rato, sacar proveito do que comparta.

Un afetuoso saudo a metro e medio de distancia! ;)




Alberto J. Costas

Día #44

Bo día!! Hoxe a entrada vai destinada a seguir animándovos coa ximkana do confinamento!!! Aproveito para informarvos tamén de que tedes disp...