Educación Infantil

Bo día!

Non vou borrar o anterior comunicado aínda que non estaba pensado para un confinamento tan prolongado, pero ten actividades e xogos interesantes para manter aos nenos activos durante o mesmo.
Dende aquí anímovos a que sigades o blog no que vou colgando retos diariamente e vos animedes a facelos! Todos están pensados para poder adaptalos a cada unha das etapas.
Para todo aquel que queira compartir as súas proezas teña dúbidas, inquedanzas ou medos ou queira saber de min, pode enviarme un email a
ajcostas@edu.xunta.es
Respostarei á maior brevidade posible!


Isto pasará e antes do que pensamos volveremos a atoparnos no centro e contarnos como nos foi neste confinamento!


Benvidos un día máis!!!!

Na etapa de educación infantil é bo que as cativas e cativos se manteñan activas e activos para continuar desenvolvendo a súa motricidade grosa, á par que desenvolven a fina.

É moi recomendable, dado o seu tamaño e que eles poden, que realicen certas actividades coas que nos os maiores nos podemos divertir tamén.

Se seguides lendo atoparedes ideas e recomendacións, nunca nada obligatorio, por suposto, pero sobretodo recursos para continuar o seu desenvolvemento motriz e que pasedes todos un bo intre na casa!

Moitos saúdos coa manciña!!!













    • Circuitos → Poden realizar circuitos motrices polos diferentes espazos da casa: pasar por riba do sofá, por debaixo da mesa arrastrándose ... .Tamén pode poñer no chan esparadrapo ou cinta adhesiva e facer circuitos de saltos, de marchas …
    • Xogos tradicionais → Escondite, pica pared, danzas, xogo do espello...

1 comentario:

Día #44

Bo día!! Hoxe a entrada vai destinada a seguir animándovos coa ximkana do confinamento!!! Aproveito para informarvos tamén de que tedes disp...