Bo Día!!!
Benvidos de novo despois deste periodo vacacional!
Antes de nada gustaríame pedirvos desculpas pois prometín previo ás vacacións completar os exercicios de hixiene postural e debido a un pequeno problema técnico, non me foi posible.
Fareino hoxe e así imos quentando motores para enfrontarnos a este terceiro trimestre!
Comecemos pois!
O primeiro dos exercicios sería a Tartaruga ou Sapoconcho. Imaxinade a este animal que agocha e saca a súa cabeza do caparazón. Subide e baixade os hombros, pódese facer de pé, tratando de achegar o máximo posible os hombros ás orellas para despois intentar alonxalos o máximo.
O seguinte sería abrir e pechar o peito, sentados nunha silla, levamos os hombros hacia adiante coma se quixéramos pechar o peito e dobramos lixeiramente a columna, logo realizaremos o movemento contrario, levamos os hombros hacia atrás coma sacando o peito ao fronte e tratamos de estirar a columna para alcanzar coa cabeza o teito.
E por último teríamos o Flamenco. Elevamos unha perna flexionada, abrimos os brazos en forma de T e tratamos de manter o equilibrio mentres mantemos a columna recta, imaxinamos que estamos estirando o corpo enteiro e empurramos os hombros cara atrás. Repetimos coa outra perna. Comezaremos aguantando uns 5 segundos por perna e como reto estaría tratar de chegar aos 15-20 segundos.
ÁNIMO!
Xa sabedes que agardo os vosos correos en ajcostas@edu.xunta.es mostrando os vosos avances!
Ningún comentario:
Publicar un comentario