Bo día!!!
Como comentei onte, comparto con vos eses exercicios para axudar a coidar as costas!
Un libro na cabeza:
Desta
maneira, aprenderedes a idea de postura correcta e alineación. É o tan coñecido
exercicio de soster un libro sobre a nosa cabeza, ideal para interiorizar a
idea dunha columna recta. Ao principio, permanécese quedo co libro en
equilibrio sobre a cabeza, posteriormente repítese, pero desta vez camiñando.
De cántas maneiras podo mover o meu
tronco?
Sinxelo, comprobade todas as
posibilidades de movemento que ten a nosa columna: flexión, extensión, rotación
e flexión lateral… Para isto propoño os seguintes exercicios:
Ghato asustado-Contento:
En cuadrupedia (a catro patas)
intentamos flexionar a columna ao máximo facendo unha gran “ponte” levando o
queixo (“barbilla”) ao peito (Ghato asustado) e despois, facer o movemento
contrario, unha extensión de columna levando o “cuciño” (cú) cara arriba e
mirando arriba tamén coma un ghato contento.
A Mudanza:
Pódese facer con unha compañeira ou
compañeiro que atopemos na casa e un balón ou outro obxecto que non pese moito
e sexa doado de manexar.
Un de costas a outro, un pouco
separados, debemos xirar todo o que poidamos para recibir o obxecto dende sobre
un lado, rotaremos a columna completamente hacia o outro lado para devolver o
obxecto ao noso compañeiro ou compañeira. Realizaremos 10 xiros en cada
sentido.
Este mesmo exercicio, pódese usar para a
flexión lateral da columna. Pódese facer de pé, de rodillas ou sentado, tratando
de facer o movemento sen virarse.
Os Abdominais de Sempre:
Tamén o podemos realizar en parellas,
tumbados, enfrentados, cos xeonllos flexionados, sostemos o balón coas mans,
arriba pasamos o balón e logo volvemos a tumbarnos a cámara lenta resistindo
dende o abdome.
Hai moitos máis exercicios ca estes, pero para non alongar o reto hoxe, mañá compartirei 3 máis!
O RETO!!
Realizar cada un dos exercicios de maneira adecuada!
Xa sabedes que podedes enviarme a proba ao meu correo!
ajcostas@edu.xunta.es
Non compartirei a menos que haxa confirmación no email!
Unha aperta a todos e moito ánimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario