Bo día!!
Como comentei onte, hoxe gustaríame compartir convosco uns consellos acerca de como coidar as nosas costas!
Unha parte moi importante do noso corpo é a columna vertebral e como tal,
hai que coidala moi ben.
Ela axúdanos a manter o corpo ergueito, por ela pasan
multitude de nervios que comunican o noso cerebro co resto do corpo...
Estes
días que estamos a pasar dentro da casa seguro que aproveitastedes para poñer orde
nas vosas habitacións, limpar a fondo a casa e pasar tempo sentados, ben sexa
vendo a tele, facendo deberes diante do ordenador, a tableta, lendo, etc.
Todas
son tarefas necesarias, pero se non o facemos ben poderíamos dañar esta parte
tan importante do noso corpo.
Podemos ter “vicios posturais” á hora de realizar
certos movementos ou adoptar certas posturas que a longo prazo poden resultar
un problema de cara á nosa saúde.
Déixovos unha
serie de gráficos para que poidades ver a diferenza entre facelo mal e facelo
ben e sexades así conscientes de eses movementos.
O RETO!
Debedes enviar ao meu email, (ajcostas@edu.xunta.es) fotos realizando as tarefas que saen nos pictos ou gráficos de maneira axeitada!
As fotos non se compartirán na páxina de Anécdotas a menos que así se confirme directamente no email enviado.
Mañá compartirei unha serie de exercicios para que poidades complementar coa hixiene postural adecuada o coidado das vosas costas!
Unha aperta virtual!
Ningún comentario:
Publicar un comentario