martes, 17 de marzo de 2020

Día #2

Bo día!!


Chegamos ao segundo día dos retos!! Este desafío vai vento en popa polo que vexo.

Xa vou tendo algún material para mostrar do desafío de onte, o de hoxe non vai quedar atrás!!


Para o martes 17 de marzo quero que saquedes a relucir o artista que levades dentro, así que collede roupa cómoda, un dispositivo con conexión a internet e poñédelle moitas ganas porque hoxe imos BAILAR!



Primeiro de todo imitaremos os bailes feitos en youtube no videoxogo just dance:




Eu elixín estes dous, pero hai moitísimos máis!!!!

Unha vez cumprida esta parte do reto, con moita diversión pola vosa parte, pasamos a unha parte do reto máis complicada:
Imitar o baile da app tik tok: 



Non terei que dicir que isto xa sería reto máis que cumprido!! Pero vou engadir un punto máis a este desafío, crearemos a nosa propia coreografía para esta canción!!

Que vos parece o desafío de hoxe? Estades ready para cumplilo??? Dádelle caña!!! Agardo as vosas fotos e vídeos!!!! ajcostas@edu.xunta.es




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día #44

Bo día!! Hoxe a entrada vai destinada a seguir animándovos coa ximkana do confinamento!!! Aproveito para informarvos tamén de que tedes disp...