Bo día!!
Non andaredes cansos, non?
Imos logo co terceiro reto! Hoxe toca xogar ao baloncesto!!
Para iso teremos que facer unha canastra primeiro!
Prestade moita atención ao vídeo!
Unha vez feita a canastra, o reto é colar 5 bolas seguidas!!
- Se vos parece moi sinxelo, ampliade a distancia, limitade o tipo de lanzamento que ides utilizar: de frente, de costas, de gancho, a unha man ou coa man non dominante!
- Se sigue sendo doado, probade a cambiar a posición: sentada ou sentado, en pé, nunha perna, en carreira, en salto, de xeonllos, tumbado...
- Podedes xogar coa familia algún minipartido! (facede dúas canastras)
- Dádelle emoción cambiando o reto e xogándovos algo: O que falle pon a mesa hoxe, meter cos ollos pechados, lograr as 5 canastras con cada man...
Xa sabedes, poñédelle ganas! Agardo seguir recibindo vídeos e fotos no meu correo: ajcostas@edu.xunta.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario