xoves, 30 de abril de 2020

Día #29

Bo Día!!


Lograstedes pasar a tela de araña sen rompela?!

Imos logo co reto de hoxe!

Penso que todo o mundo ten un xogo na casa que se chama UNO, verdade? de non ser así non vos preocupedes porque vos vou compartir en imaxes o xogo para que poidades imprimilo ou debuxalo ao voso gusto!
O reto que propoño é unha partida de UNO pero metendo unhas novas normas...😇









Nas imaxes vai todo o que tendes que saber para pasar unha tarde entretida en soidade ou en compañía, como prefirades! Fe de erratas (acabo de darme conta de que na imaxe das normas hai dúas erratas, di amarrillo en lugar de amarillo e tamén pon que o tempo de xogo será de 5,8 ou 1 minutos, pero ese 1 é un 10! 🙏🙏)
E xa sabedes, estou no meu email para calquera cousa que precisedes!

ajcostas@edu.xunta.es

Apertas virtuais!

mércores, 29 de abril de 2020

Día #28

Bo Día!!

Que tal as saídas?! Estades respetando as normas? Lembrade que é responsabilidade de todos conseguir vencer a este virus!!

Para hoxe propoño algo complicado 😈

Xoguemos á ARAÑA!

Colocaremos ao longo do corredor da casa unha serie de tiras de papel hixiénico e trataremos de pasar sen romper ningunha!
Sabedes que coma todos os retos que propoño a dificultade sempre se pode modificar, iso queda á vosa elección! 😜



Lembrade que para compartir as vosas fazañas so tedes que enviar un correo coa foto ou vídeo a:
ajcostas@edu.xunta.es

martes, 28 de abril de 2020

Día #27

Bo Día!!!

Antes de comezar co reto gustaríame aclarar un par de cousas.
O post de anécdotas non se está a actualizar por problemas técnicos (agora mesmo xa non sei se da páxina ou do meu pc) ante isto o que farei será abrir outro e anclalo debaixo do primeiro, así todos poderedes continuar desfrutando vendo aos compañeiros realizar os retos!

Dito isto, a proposta de hoxe (ía ser a de onte, pero xa tiñamos apalabrado o das olimpiadas 😉) é que saiades á rúa co voso xoguete favorito!! O reto será respectar as normas das saídas que vos lembran dende o departamento de orientación do cole e que repasaremos neste vídeo que vos poño a continuación!


Aqueles que queiran compartir a súa saída, xa saben a donde enviar a foto ou vídeo!
ajcostas@edu.xunta.es
Apertas a todos!!!



luns, 27 de abril de 2020

Día #26

Bo día!!!



O prometido é débeda!

Aquí tedes os vídeos que me fóstedes mandando para que adiviñedes o deporte olímpico que se representa!

Deberedes deixar en comentarios que deporte crees que é cada un poñendo o número do vídeo e ao lado o nome do deporte: exemplo 1-floorball. Non esquezades identificarvos, lembrade que non son adiviño aínda!

Comezamos!

1-

2-

3-

4-

5-

6-

7-

8-


9-

10-

11-


Ánimo!!


Sabedes que me atopo no meu email para calquera cousa que precisedes!! apertas!!

ajcostas@edu.xunta.es

venres, 24 de abril de 2020

Día #25

Bo Día!!

Sinto a tardanza, pero xa estou aquí de novo cun novo reto!!!

 Espero que o pasásedes de rechupete onte coas mariquitillas (teño constancia de que algúns si!)

Hoxe imos facer un desafio Fortnite!!!

É moi simple, volvendo a retomar a expresión corporal e a danza, debemos imitar o  mellor posible 3 coreografías do xogo de moda! Déixovos algúns exemplos por aquí!




Xa sabedes, agardo velas no meu correo!!! ajcostas@edu.xunta.es

xoves, 23 de abril de 2020

Día #24

Bo Día!!

Para hoxe, outra cousiña "light"
Que vos parece xogar un pouco á mariquitilla na casa?!



Primeiro haberá que debuxala no chan...
- Alberto, pero os meus pais non me deixan pintar no chan!
Xa o sei, eu tampouco deixo a miña filla que o faga, de feito, o que ía propoñer é que usedes cinta illante que teñades pola casa para facela!
O tema é que se perdedes o equilibrio ou pisades algunha liña, deberedes tirar os Dados Fitness e realizar o exercicio correspondente durante o tempo que marque!
Olliño amigas e amigos que aparte de divertido, vai ser cansado, avisadas e avisados estades!

Moito ánimo para todas e todos e xa sabedes! estou no meu email para calquera cousa que precisedes!

ajcostas@edu.xunta.es

mércores, 22 de abril de 2020

Día #23

Bo Día!

Imos cun novo reto??
Para hoxe propoñovos outro que podedes realizar en familia:
Unha partidiña de bolos!
O material necesario serían oito botellas plásticas valeiras e unha pelota pequena.
O número de intentos e as distancias de lanzamento deberedes acordalas entre os participantes en consenso.
Hai un detalliño que non comentei... 😈
Cada bolo, nesta ocasión, levará pegado un exercicio de fitness e cada vez que derribedes un bolo o resto de xogadores deberán realizar ese exercicio durante 20 segundos!



Cantos máis bolos derribes nun so lanzamento, máis exercicios deberán realizar. (respetade un tempo de recuperación entre exercicios de outros 20 segundos).
Os bolos podedes pintalos e decorados como gustedes, dádelle ao maxín!

Agardo anécdotas no correo! ajcostas@edu.xunta.es

Ánimo e sorte!

martes, 21 de abril de 2020

Día #22

Bo día!!

O reto de hoxe será o broom challenge! (o coñecido como reto da escoba)

Ten un obxectivo claro, que non é outro que suxeitar a escoba do compañeiro antes de que caia ao chan.

So precisaredes dun pao de escoba e fregona por cada un dos xogadores que participen.

Velaquí as regras:

  1. Cada xogadora ou xogador debe soster un pao de escoba cunha punta tocando o chan e a outra mirando ao teito.
  2. Debemos separarnos a unha distancia de 1 metro aproximadamente (dous pasos longos).
  3. Se participamos tres persoas, faremos un triángulo, se somos catro un cadrado...
  4. Ao sinal deberemos soltar o noso pao e coller o do compañeiro.
  5. Podemos aumentar a distancia, o agarre do pao (man dereita, esquerda, as dúas, parte superior, hacia a metade, parte inferior...) dar unha palmada ou unha volta antes de soltar o pao...
  6. Aquela persoa á que lle caia, terá que lanzar os Dados Fitness e realizar o exercicio correspondente durante o tempo que indique o dado!





  • O pao debe estar en vertical.
  • Debemos soltar o pao cando se de o sinal.
  • Debemos comezar a movernos cando se de o sinal.
  • Non está permitido obstaculizar a compañeira ou compañeiro para coller o pao.
Moito ánimo e xa sabedes, agardo anécdotas no meu correo: ajcostas@edu.xunta.es

Apertas!!!!

luns, 20 de abril de 2020

Día #21

Bo Día!!

Volvemos vernos as caras tras esta finde de estar no sofá!!! 😝

A proposta de hoxe é sinxela, lembrades que este ano íanse celebrar os xogos olímpicos?
Si, eses xogos que se realizan cada 4 anos nunha sede que se acorda entre os paises participantes e que acolle a moitos deportistas que intentan superarse á vez que superan aos demáis cada un na súa disciplina...

Pois iso, este ano ían celebrarse en Tokio e moitos deportistas querían participar para tratar de conseguir a medalla de ouro.

Ben, o tema é o seguinte, o reto consiste en imitar un deporte olímpico e grabarse en vídeo para que a semana que ven os suba ao blog e tratemos de adiviñar nos comentarios de que deporte se trata!

Dádelle ao coco, investigade que deportes son olímpicos, cales son os deportistas que teñen mellores marcas nas diferentes disciplinas, que países gañan máis medallas, todo aquilo que vos de curiosidade!

venres, 17 de abril de 2020

Día #20

Bo Día!!


Que tal onte cos tragabolas!?

Hoxe, como andamos a voltas co tema de coidar a columna vertebral e as nosas costas porque son unha parte moi importante do noso corpo, traio unha sesión de Pilates que poderedes realizar á par co vídeo que acompaña a entrada do blog.



Lembrade a hixiene postural durante o día a día, é importantísimo!

A semana que ven volveremos á expresión corporal, algo de fitness e por suposto moita diversión!!!

Lémbrovos que estou á vosa disposición no meu email:

ajcostas@edu.xunta.es

Apertas a todas e a todos, moito ánimo dende aquí e pasade unha boa finde!

xoves, 16 de abril de 2020

Día #19

Bo Día!!

Como vamos? Moi fatigados co reto de onte!?

Hoxe imos darlle ao coco, como acordamos e de paso imos preparando o noso lanzamento!

Como xa fixemos canastras de baloncesto e practicamos o tiro parabólico imos hoxe a ver que tal se nos da o balonmán e o lanzamento en apoio!

A proposta é que fabriquedes os vosos propios "tragabolas" para que poidades practicalo.



O único que precisamos é unha garrafa de auga baleira, unhas tesoiras e moito coidado! (Se precisas axuda non dubides en avisar a un maior!)

Collemos a garrafa e recortamos coas tesoiras unha gran boca. Despois podemos decorala como gustemos, recreando divertidos persoeiros!

Como paso final, facemos bolas de papel co material sobrante da decoración e tratamos de apuntar para metelas na boca!

Agardo que vos divirtades e melloredes moito a coordinación óculo-manual!!

Sigo no meu email para calquer cousa que precisedes!

ajcostas@edu.xunta.es

Apertas!

mércores, 15 de abril de 2020

Día #18

Bo Día!!!

Que tal o quecemento de onte para a volta á actividade!?

Hoxe propoño que busquedes unha parella pola casa para realizar este entrenamento que vos vou propoñer! (Valen mamá, papá, avó, avoa, irmán ou irmá...)



No vídeo veñen varios exercicios para que poidades levar a cabo, elexides un por cada persoaxe que vexades, hay que facelo mellor que o compañeiro!

Fixádevos ben en como se fan os exercicios para copialos perfectamente, é importante!

O tempo que dura cada un ven tamén no vídeo, non tedes perda!

De todas maneiras seguimos en contacto no meu correo!

ajcostas@edu.xunta.es

E a semana próxima... teño unha sorpresa para vós! 

WAIT FOR IT!!

martes, 14 de abril de 2020

Día #17

Bo Día!!!

Benvidos de novo despois deste periodo vacacional!

Antes de nada gustaríame pedirvos desculpas pois prometín previo ás vacacións completar os exercicios de hixiene postural e debido a un pequeno problema técnico, non me foi posible.

Fareino hoxe e así imos quentando motores para enfrontarnos a este terceiro trimestre!

Comecemos pois!

O primeiro dos exercicios sería a Tartaruga ou Sapoconcho. Imaxinade a este animal que agocha e saca a súa cabeza do caparazón. Subide e baixade os hombros, pódese facer de pé, tratando de achegar o máximo posible os hombros ás orellas para despois intentar alonxalos o máximo.

O seguinte sería abrir e pechar o peito, sentados nunha silla, levamos os hombros hacia adiante coma se quixéramos pechar o peito e dobramos lixeiramente a columna, logo realizaremos o movemento contrario, levamos os hombros hacia atrás coma sacando o peito ao fronte e tratamos de estirar a columna para alcanzar coa cabeza o teito.

E por último teríamos o Flamenco. Elevamos unha perna flexionada, abrimos os brazos en forma de T e tratamos de manter o equilibrio mentres mantemos a columna recta, imaxinamos que estamos estirando o corpo enteiro e empurramos os hombros cara atrás. Repetimos coa outra perna. Comezaremos aguantando uns 5 segundos por perna e como reto estaría tratar de chegar aos 15-20 segundos. 

ÁNIMO!

Xa sabedes que agardo os vosos correos en ajcostas@edu.xunta.es mostrando os vosos avances!

xoves, 2 de abril de 2020

Día #16

Bo día!!!

Como comentei onte, comparto con vos eses exercicios para axudar a coidar as costas!


Un libro na cabeza:

Desta maneira, aprenderedes a idea de postura correcta e alineación. É o tan coñecido exercicio de soster un libro sobre a nosa cabeza, ideal para interiorizar a idea dunha columna recta. Ao principio, permanécese quedo co libro en equilibrio sobre a cabeza, posteriormente repítese, pero desta vez camiñando.


De cántas maneiras podo mover o meu tronco?

Sinxelo, comprobade todas as posibilidades de movemento que ten a nosa columna: flexión, extensión, rotación e flexión lateral… Para isto propoño os seguintes exercicios:

Ghato asustado-Contento:

En cuadrupedia (a catro patas) intentamos flexionar a columna ao máximo facendo unha gran “ponte” levando o queixo (“barbilla”) ao peito (Ghato asustado) e despois, facer o movemento contrario, unha extensión de columna levando o “cuciño” (cú) cara arriba e mirando arriba tamén coma un ghato contento.

A Mudanza:

Pódese facer con unha compañeira ou compañeiro que atopemos na casa e un balón ou outro obxecto que non pese moito e sexa doado de manexar.
Un de costas a outro, un pouco separados, debemos xirar todo o que poidamos para recibir o obxecto dende sobre un lado, rotaremos a columna completamente hacia o outro lado para devolver o obxecto ao noso compañeiro ou compañeira. Realizaremos 10 xiros en cada sentido.
Este mesmo exercicio, pódese usar para a flexión lateral da columna. Pódese facer de pé, de rodillas ou sentado, tratando de facer o movemento sen virarse.

Os Abdominais de Sempre:

Tamén o podemos realizar en parellas, tumbados, enfrentados, cos xeonllos flexionados, sostemos o balón coas mans, arriba pasamos o balón e logo volvemos a tumbarnos a cámara lenta resistindo dende o abdome.

Hai moitos máis exercicios ca estes, pero para non alongar o reto hoxe, mañá compartirei 3 máis!

O RETO!!

Realizar cada un dos exercicios de maneira adecuada!
Xa sabedes que podedes enviarme a proba ao meu correo! 

ajcostas@edu.xunta.es

Non compartirei a menos que haxa confirmación no email!

Unha aperta a todos e moito ánimo!

mércores, 1 de abril de 2020

Día #15

Bo día!!

Como comentei onte, hoxe gustaríame compartir convosco uns consellos acerca de como coidar as nosas costas!

Unha parte moi importante do noso corpo é a columna vertebral e como tal, hai que coidala moi ben.

Ela axúdanos a manter o corpo ergueito, por ela pasan multitude de nervios que comunican o noso cerebro co resto do corpo...

Estes días que estamos a pasar dentro da casa seguro que aproveitastedes para poñer orde nas vosas habitacións, limpar a fondo a casa e pasar tempo sentados, ben sexa vendo a tele, facendo deberes diante do ordenador, a tableta, lendo, etc.

Todas son tarefas necesarias, pero se non o facemos ben poderíamos dañar esta parte tan importante do noso corpo. 

Podemos ter “vicios posturais” á hora de realizar certos movementos ou adoptar certas posturas que a longo prazo poden resultar un problema de cara á nosa saúde.

Déixovos unha serie de gráficos para que poidades ver a diferenza entre facelo mal e facelo ben e sexades así conscientes de eses movementos. 

O RETO!
Debedes enviar ao meu email, (ajcostas@edu.xunta.es) fotos realizando as tarefas que saen nos pictos ou gráficos de maneira axeitada!
As fotos non se compartirán na páxina de Anécdotas a menos que así se confirme directamente no email enviado.
Mañá compartirei unha serie de exercicios para que poidades complementar coa hixiene postural adecuada o coidado das vosas costas!

Unha aperta virtual!


          

Día #44

Bo día!! Hoxe a entrada vai destinada a seguir animándovos coa ximkana do confinamento!!! Aproveito para informarvos tamén de que tedes disp...