martes, 31 de marzo de 2020

Día #14

Bo día!!

Hoxe imos volver á expresión corporal.

Atentos ao reto!

Porque non probamos a realizar unha sesión de zumba coa canción que máis contentos nos poña!?

No meu caso, esta sácame un sorriso!



Versión Infantil! Tratade de aprender a coreografía!




Mañá compartirei convosco uns consellos de hixiene postural e algúns exercicios para que coidedes as vosas costas!

Unha aperta virtual moi grande!

Lembrade que estamos en contacto no email: ajcostas@edu.xunta.es

luns, 30 de marzo de 2020

Día #13

Bo día!!

Luns de novo e espero que estedes coas baterías ben cargadas para o que se aveciña hoxe!!!!

Como xa pasou a fin de semana e non mandei "deberes" para a casa, imos facer hoxe un dobre reto de exercicio físico!!!

BALONCESTO
A pregunta de hoxe para este deporte, a parte da norma propia, non vai ser un xogador porque si, dirédesme, na vosa opinión, cal considerades a mellor selección do mundo e a súa xogadora ou o seu xogador estrela!
Tratade de xustificar a resposta!



 BÁDMINTON
Aquí váleme con que me digades o nome da deportista española que máis éxito acadou nesta disciplina, despois de poñer a norma!!!

Lembrade que agardo as vosas fotos e vídeos en: ajcostas@edu.xunta.es, cada día sodes máis os que vos animades a compartir os vosos logros!!!

venres, 27 de marzo de 2020

Día #12

Bo día!!

Hoxe toca moverse!

Como comentamos un par de días atrás, toca outro circuito de forza e flexibilidade, relacionado cun deporte que xa practicamos en varios cursos:
FLOORBALL


Xa sabedes como vai! Realizade os exercicios na casa e logo publicade en comentarios unha norma deste deporte e unha xogadora ou xogador!

Enviade os vídeos e fotos para compartir a: ajcostas@edu.xunta.es

Esta fin de semana non vou publicar ningún reto, gardade enerxía para o luns!



xoves, 26 de marzo de 2020

Día #11

Bo Día!!!

Como vos dixen onte, alternamos físico con coco!

Hoxe toca darlle ao "brain".

A miña proposta para o reto de hoxe será que vos convirtades en exploradores dentro da vosa propia casa!

Si, líchedes ben, propoño un exercicio de orientación agochando ata seis tarxetas que iredes tachando da tarxeta de control para o que soamente precisades debuxar un plano da vosa casa, deseñar 6 tarxetas para agochar, a tarxeta de control e montar os vosos propios recorridos usando o exemplo que plantexo na imaxe.




Outra proposta (para os máis peques) é realizar unha búsqueda do tesouro, escondemos calquera obxeto e deberemos buscalo por toda a casa utilizando diferentes formas de desplazamento, con ou sen mapa, seguindo as pistas (orais ou escritas).

Agardo que todos estes retos estén servindo para distraervos un pouco e que pasedes un bo intre!

Non esquezades enviar as vosas fotos e vídeos realizando os retos a: ajcostas@edu.xunta.es para figurar na páxina de anécdotas do blog!!!

Unha aperta ben forte a todos!!

mércores, 25 de marzo de 2020

Día #10

Bo día!!

Pasástelo ben onte?

Hoxe vou propoñer un reto algo máis duro, e con carga teórica!

Estes días alternarei retos físicos con algúns que sexan máis de darlle ao coco.

Os retos físicos serán circuitos de forza e flexibilidade relacionados con algún dos deportes dos que falamos nas clases e que xa practicamos. A parte teórica consistirá en comentar neste post unha norma e un xogador de dito deporte.

Date presa porque non vale repetir!!

Comezamos con:
BALONMÁN!

Lembrarvos que tamén agardo as vosas fotos e vídeos para compartir o ben que o pasamos en: ajcostas@edu.xunta.es e que estou á vosa disposición por calquera dúbida nese correo!

martes, 24 de marzo de 2020

Día #9

Bo día!!!

Como ben sabedes, a expresión corporal e a danza son unha parte importante da educación física e como onte tivemos un reto medianamente duro, hoxe toca de novo tirar de creatividade!

O reto de hoxe será crear a nosa propia película!!
Cada un dos participantes poderá elixir varias películas que deberá tratar de interpretar a través da mímica para que o resto da familia poida adiviñar.
Podedes crear un pequeno escenario ou teatro con teas que teñades na casa para poder interpretar as pelis.
Lembrade darlle unha voltiña ao desafío proposto:

Imitar contos infantís
Imitar novelas xuvenís
Imitar unha escena da vosa peli favorita coa participación de toda a familia (para isto podedes usar perrucas, maquillaxe, vestiario, un guión, iluminación, rodaxe, edición...)
En TikTok hai cousas chulas das que poderedes sacar ideas!;)

E non esquezades compartir os vosos vídeos e fotos comigo! Agardoos en: ajcostas@edu.xunta.es

Aproveito para dar gracias a todas e todos as pondaleiras e pondaleiros que participades nos retos, cada día sodes máis!!!

luns, 23 de marzo de 2020

Día #8

Bo día!!!

Volvemos estar a luns!

Xa chegamos ao ecuador do Desafío!
Para comezar a semana, vou propoñer unha clase de fitness para activar ben o corpo!

Para realizar esta sesión preparei tres dados para que os poidades montar.

 


Dous deles teñen exercicios para levar a cabo na casa e o terceiro marca os segundos (5,8,15,20 e 25).
O reto consiste en tirar á vez o dado dos segundos e un dos que marcan os exercicios de fitness.
Deberás realizar o exercicio que che toque durante o tempo que saia no outro dado.

Moito ollo, a partir de agora, a cousa complícase un pouquiño!!

Moito ánimo e a polo reto!!

E non esquezades que agardo as vosas fotos e vídeos cumprindo os retos en: ajcostas@edu.xunta.es




domingo, 22 de marzo de 2020

Día #7

Bo Día!!!!

Que tal o reto de onte? Fóstedes capaces de superar os vosos récords varias veces?

Para hoxe hai algo que, na clase de informática, vos gusta moito:

Minigolf!

Pero, profe, como facemos??! Moi sinxelo:

O material que deberemos utilizar será:
Caixa de zapatos, tesoiras, cola, unha pelota pequena (que tamén podemos facer) e un obxeto que usaremos a modo de pao de golf! (que tamén podemos facer).

Déixovos un recortable para que poidades darlle cor e pegalo na parte frontal da caixa de zapatos. Finalmente recortaremos os cinco ocos, cada un deles ten unha puntuación diferente en función do seu tamaño.



Lembrade, dentro de cada reto podemos propoñer pequenos desafíos para variar a dificultade!

  • Cambiar a distancia de golpeo
  • Poñer un tempo límite para cada participante.
  • Contar os puntos logrados cos ollos pechados
  • Cambiando as posicións.
  • Realizando un circuito de habilidade antes de golpear
  • Utilizar a man non dominante para completar o reto

Calqueira cousa que se vos ocorra valerá!

Nada máis por hoxe! Lembrade que agardo as vosas fotos e vídeos en: ajcostas@edu.xunta.es






sábado, 21 de marzo de 2020

Día #6

Bo Día!!!

Xa estamos a sábado, e como moitos de vos lograstedes adiviñar, hoxe toca comba!!

Para hoxe, quero propoñervos un reto coa comba, máis ben... dous!
Deberedes contar o número de veces que sodes capaces de saltar sen parar e despois usaredes un reloxo ou un cronómetro para ver cantos segundos podedes saltar sen parar!

Como facemos sempre, podemos darlle ao reto unha volta e propor novos desafíos:


  • Podes saltar á comba nunha perna?
  • Podes saltar cos ollos pechados?
  • Podes saltar alternando as pernas?
  • Se tedes a sorte de contar cun xardín, Quén tardará menos en completar un circuito saltando á comba?
  • Ocorresevos algún máis? ADIANTE!

Gustaríame lembrarvos que hoxe é o día da poesía e non podía deixalo pasar ser compartir un poema convosco:



Con el tiempo me he convertido en una personas más práctica;
he reconvertido mis definiciones de confianza, paz y felicidad.
Han resultado tan simples ciertas cosas que me río del pasado y ya no pierdo horas de sueño por tonterías, por personas que no lo merecen, por historias sin solución y calles sin salida.
Ya no me desgasto, ni me disgusto, ni me entrego a causas perdidas por eso mismo;
porque están perdidas.
Confío a veces demasiado en el destino para sentirme mejor.
Si quiero a alguien lo digo, y punto.
Entonces me paro a pensar en lo más importante: mi familia, la amistad, sentirse en paz consigo mismo, ser capaz de enamorarte como un loco.
Valoro el tiempo como lo más importante; cuando alguien te regala su tiempo está dándote una parte vital que ya no vuelve.
Creo en lo que el corazón me dice aunque la cabeza vaya en otra dirección y elijo vaciarme en eso como manera impecable de vivir la vida.
Por si acaso.
Por si acaso mañana de repente alguien o algo va y me dice que todo ha terminado.
Vive valiente, no conozcas otra forma.

"Lae Sánchez"

Nada máis, amiguiños, lembrade, agardo as vosas fotos e vídeos en: ajcostas@edu.xunta.es

venres, 20 de marzo de 2020

Día #5

Bo Día!!!

Foi divertido entón o reto de onte??
Imos ver se o de hoxe deixa tantas anécdotas divertida coma o resto!

Ollo, hoxe é un reto duro, sobretodo para aqueles que teñan un longo corredor!

O reto de hoxe é recorrer o corredor de principio a fin sentados, sen usar as mans.

Sabedes que sempre se lle poden dar unhas voltas a todos os retos, así que probade de diferentes maneiras!

  • A catro patas boca arriba sen apoiar o cú
  • Arrastrándonos boca abaixo sen usar as pernas nin os brazos
  • Arrastrándonos boca abaixo usando só os brazos
  • Idem usando so as pernas
Espero que o disfrutedes a tope! E xa sabedes, agardo as vosas fotos e vídeos en: ajcostas@edu.xunta.es

PD--> Déixovos unha pequena pista do reto de mañá... ;)



xoves, 19 de marzo de 2020

Día #4

Bo Día!!!



Como hoxe é o meu cumpreanos, vouvos deixar un reto moi lixeiriño, orixinal e divertido:

De material, tan so usaremos un globo (se non tedes valen tamén uns calcetíns enrrollados ;) ) tres sillas que farán de rede e un par de raquetas de Praia (podedes utilizar as mans ou unhas sarténs pequenas!)

Para o quecemento podemos realizar toques de xeito individual (sentada ou sentado, nunha perna, coas duas mans, de xeonllos, coas duas caras da raqueta…) ou tamén coa nosa compañeira ou o noso compañeiro de xogo!

Podemos tratar de golpear o globo con diferentes partes do corpo, dar palmadas entre golpeo e golpeo, agacharnos, saltar, facer unha flexión ou unha sentadilla antes de volver a darlle… como vedes, as posibilidades son infinitas, so hai que botarlle maxín!

Nesta modalidade podedes plantexar entre vos pequenos retos como:

  • Número de golpes que dou sen que “a pelota” toque o chan
  • Número de golpes que dou cos ollos pechados
  • Guiar o globo polo chan sen usar as mans
  • Facer un circuito para realizar co globo sen usar as mans (sillas, mesas, sillóns, pufs…)

E non esquezades debuxar caras divertidas nos globos antes de xogar!!

Cada vez hai máis nenos e nenas que se animan a seguir os retos! Así que xa sabedes! Agardo as vosas fotos e vídeos en: ajcostas@edu.xunta.es

mércores, 18 de marzo de 2020

Anécdotas dos retos!

Bo día!!


Para non sobrecargar o blog con entradas diarias irei poñendo aquí os que me enviedes.
Actualizarei esta entrada unha vez ao día con cousas novas!
Mirade cantas nenas e nenos o están a pasar de rechupete!













Joel tamén participou a tope con todos os retos!





Leo e Guille seguen a romper récords en cada reto!














 





E velaquí un popurri de nenos que realizaron o reto da hixiene postural!



Naia e Unai bailan zumba con "Quédate en Casa"





Leo e Guille deron todo nos retos anteriores!



Diego aguantou ata 12 saltos sen caer!


Nico animouse a variar o reto de balonmán!








Leo e Guille cumpriron con creces o reto #9!








Lía desfrutou realizando o Reto #8!




Coidado Tiger Woods, aquí está Manuel Rial!


Adiviña a peli!



Antía supera con éxito todos os retos que imos propoñendo!






Alicia completou o Reto Ioga!



Diego tamén superou o reto Fitness!







Unai e Naia melloraron a súa condición física co Reto Fitness!




Alicia e Óscar pasárono moi ben facendo as coreos!












Antía rompendo récords nos retos!











Diego atopou dúas maneiras de cumprir o reto de onte!



Moitísimas grazas!! Reto conseguido!



Antía logrou completar o reto TikTok!!!





Antía completou de xeito satisfactorio o reto de Ioga!





Naia tamén se atreveu coa sua propia coreografía






Naia baila meneando todo o corpo nas dúas coreos que propuxen!


Xabi menea o esquelete que da gusto ao ritmo do Waka-Waka!


Hugo propón un novo reto co obxecto estrela desta corentena!



Como foi o reto onte?!
Non me digades nada, mirádeo!




Paco e Alexandra, Raíña e Rey da pista!





Aroa facendo parte da sesión de Ioga



Aroa e o seu papá, Alfonso, intentando o reto tiktok


Nico mostranos as súas dotes de bailarín coa súa mamá!



Asier e a súa Irmá demostrando o que valen!

Seguide así, estádelo a facer moi ben! Agardo as vosas fotos e vídeos en: ajcostas@edu.xunta.es










Día #44

Bo día!! Hoxe a entrada vai destinada a seguir animándovos coa ximkana do confinamento!!! Aproveito para informarvos tamén de que tedes disp...