venres, 27 de marzo de 2020

Día #12

Bo día!!

Hoxe toca moverse!

Como comentamos un par de días atrás, toca outro circuito de forza e flexibilidade, relacionado cun deporte que xa practicamos en varios cursos:
FLOORBALL


Xa sabedes como vai! Realizade os exercicios na casa e logo publicade en comentarios unha norma deste deporte e unha xogadora ou xogador!

Enviade os vídeos e fotos para compartir a: ajcostas@edu.xunta.es

Esta fin de semana non vou publicar ningún reto, gardade enerxía para o luns!



xoves, 26 de marzo de 2020

Día #11

Bo Día!!!

Como vos dixen onte, alternamos físico con coco!

Hoxe toca darlle ao "brain".

A miña proposta para o reto de hoxe será que vos convirtades en exploradores dentro da vosa propia casa!

Si, líchedes ben, propoño un exercicio de orientación agochando ata seis tarxetas que iredes tachando da tarxeta de control para o que soamente precisades debuxar un plano da vosa casa, deseñar 6 tarxetas para agochar, a tarxeta de control e montar os vosos propios recorridos usando o exemplo que plantexo na imaxe.




Outra proposta (para os máis peques) é realizar unha búsqueda do tesouro, escondemos calquera obxeto e deberemos buscalo por toda a casa utilizando diferentes formas de desplazamento, con ou sen mapa, seguindo as pistas (orais ou escritas).

Agardo que todos estes retos estén servindo para distraervos un pouco e que pasedes un bo intre!

Non esquezades enviar as vosas fotos e vídeos realizando os retos a: ajcostas@edu.xunta.es para figurar na páxina de anécdotas do blog!!!

Unha aperta ben forte a todos!!

mércores, 25 de marzo de 2020

Día #10

Bo día!!

Pasástelo ben onte?

Hoxe vou propoñer un reto algo máis duro, e con carga teórica!

Estes días alternarei retos físicos con algúns que sexan máis de darlle ao coco.

Os retos físicos serán circuitos de forza e flexibilidade relacionados con algún dos deportes dos que falamos nas clases e que xa practicamos. A parte teórica consistirá en comentar neste post unha norma e un xogador de dito deporte.

Date presa porque non vale repetir!!

Comezamos con:
BALONMÁN!

Lembrarvos que tamén agardo as vosas fotos e vídeos para compartir o ben que o pasamos en: ajcostas@edu.xunta.es e que estou á vosa disposición por calquera dúbida nese correo!

martes, 24 de marzo de 2020

Día #9

Bo día!!!

Como ben sabedes, a expresión corporal e a danza son unha parte importante da educación física e como onte tivemos un reto medianamente duro, hoxe toca de novo tirar de creatividade!

O reto de hoxe será crear a nosa propia película!!
Cada un dos participantes poderá elixir varias películas que deberá tratar de interpretar a través da mímica para que o resto da familia poida adiviñar.
Podedes crear un pequeno escenario ou teatro con teas que teñades na casa para poder interpretar as pelis.
Lembrade darlle unha voltiña ao desafío proposto:

Imitar contos infantís
Imitar novelas xuvenís
Imitar unha escena da vosa peli favorita coa participación de toda a familia (para isto podedes usar perrucas, maquillaxe, vestiario, un guión, iluminación, rodaxe, edición...)
En TikTok hai cousas chulas das que poderedes sacar ideas!;)

E non esquezades compartir os vosos vídeos e fotos comigo! Agardoos en: ajcostas@edu.xunta.es

Aproveito para dar gracias a todas e todos as pondaleiras e pondaleiros que participades nos retos, cada día sodes máis!!!

luns, 23 de marzo de 2020

Día #8

Bo día!!!

Volvemos estar a luns!

Xa chegamos ao ecuador do Desafío!
Para comezar a semana, vou propoñer unha clase de fitness para activar ben o corpo!

Para realizar esta sesión preparei tres dados para que os poidades montar.

 


Dous deles teñen exercicios para levar a cabo na casa e o terceiro marca os segundos (5,8,15,20 e 25).
O reto consiste en tirar á vez o dado dos segundos e un dos que marcan os exercicios de fitness.
Deberás realizar o exercicio que che toque durante o tempo que saia no outro dado.

Moito ollo, a partir de agora, a cousa complícase un pouquiño!!

Moito ánimo e a polo reto!!

E non esquezades que agardo as vosas fotos e vídeos cumprindo os retos en: ajcostas@edu.xunta.es




Día #12

Bo día!! Hoxe toca moverse! Como comentamos un par de días atrás, toca outro circuito de forza e flexibilidade, relacionado cun dep...