Educación Primaria

Bo día!!!

Non vou borrar o anterior comunicado, pero como vedes pola data, xa perdeu toda validez. Era un texto que só tiña en conta 8 días lectivos, coa esperanza de volver ás clases unha vez rematada a quincena.
Dende aquí anímovos a que sigades o blog no que vou colgando retos diariamente e vos animedes a facelos!
Para todo aquel que queira compartir as súas proezas teña dúbidas, inquedanzas ou medos ou queira saber de min, pode enviarme un email a
ajcostas@edu.xunta.es
Respostarei á maior brevidade posible!

Sede responsables e non vos alarmedes! Isto pasará e antes do que pensamos volveremos a atoparnos no centro e contarnos como nos foi neste confinamento!

TAREFAS DE “EDUCACIÓN FÍSICA” – 16 A 29 DE MARZO

Por motivo do coronavirus, estamos en cuarentena. E agora... que? Durante 14 días, en principio, non podemos saír da casa e relacionarnos con moita xente, para evitar que o virus se expanda aínda máis. Sendo así, os días fanse longos e debemos buscar actividades para pasar o tempo.

Cal é o problema? Que sodes nenos/as e precisades movervos, facer exercicio, actividade física. O exercicio ten moitos aspectos positivos, coma que melloramos a nosa condición física (estamos máis en forma: fortes, rápidos/as, resistentes...), reducimos as enfermidades que podemos ter, sentímonos máis felices e contentos/as, durmimos mellor, temos unha boa actitude ante a vida e ante os problemas...

Á vosa idade, estudando en Educación Primaria, recoméndase unha hora de actividade física de certa intensidade ao día, como mínimo. Ás veces, na casa é complicado organizarse para poder facer esta actividade.

Polo tanto e como “deberes”, para Educación Física, tedes que:

• Evitar, na medida do posible, as “pantallas”. É dicir, televisións, teléfonos móbiles,
ordenadores, consolas, tablets e similares... Non quere dicir que non os usedes (actualmente son necesarios), pero non debedes pasar todo o día diante deles. Lembrade: o corpo precisa movemento.

• Alimentarse ben. Sempre é importante pero, sobre todo nestes momentos aínda máis. Intentade tomar froita e verdura, restrinxindo o consumo de lambonadas.

• Facer exercicio, “deporte”, actividade física... Chamádelle como queirades. Ao mellor non tedes moito espazo na casa, pero hai que buscar a maneira. Se saídes ao exterior, na vosa finca ao aire libre, é moito mellor, xa que ofrece posibilidades diversas. Se tedes que estar na casa, podedes facer cousas que practicamos en Educación Física; por exemplo, saltar á corda é moi boa opción, ou facer algún circuíto (con saltos de distintos tipos, abdominais, sentadillas, flexións...). A continuación tedes unhas páxinas web, das que sacaredes ideas para facer exercicio. Se pode ser cos vosos pais, nais, irmáns... xa sería perfecto!!!

https://www.youtube.com/watch?v=69Za5UWtIC0 Ximnasia para nenos.

https://www.youtube.com/watch?v=TStEzVUqtUU Entrenamento funcional.
https://www.youtube.com/watch?v=mpNY2c-AFNI Exercicios para nenos en
casa.
https://www.youtube.com/watch?v=pJ0_y6pXiSA Rutina de exercicios para
nenos.
https://www.youtube.com/watch?v=2gOAuiIGO5c “Adrenalina”.
https://www.youtube.com/watch?v=zYhzTHw5-7o Entrenamento para nenos.

O tempo pasa moi rápido, e en breve xa estaremos de novo no colexio, co ritmo normal de clases. E lembrade facer a tarefa que vos mandaron as e os profes. Moito ánimo!!!




Alberto J Costas. Mestre de Educación Física.
   

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día #44

Bo día!! Hoxe a entrada vai destinada a seguir animándovos coa ximkana do confinamento!!! Aproveito para informarvos tamén de que tedes disp...