mércores, 1 de abril de 2020

Día #15

Bo día!!

Como comentei onte, hoxe gustaríame compartir convosco uns consellos acerca de como coidar as nosas costas!

Unha parte moi importante do noso corpo é a columna vertebral e como tal, hai que coidala moi ben.

Ela axúdanos a manter o corpo ergueito, por ela pasan multitude de nervios que comunican o noso cerebro co resto do corpo...

Estes días que estamos a pasar dentro da casa seguro que aproveitastedes para poñer orde nas vosas habitacións, limpar a fondo a casa e pasar tempo sentados, ben sexa vendo a tele, facendo deberes diante do ordenador, a tableta, lendo, etc.

Todas son tarefas necesarias, pero se non o facemos ben poderíamos dañar esta parte tan importante do noso corpo. 

Podemos ter “vicios posturais” á hora de realizar certos movementos ou adoptar certas posturas que a longo prazo poden resultar un problema de cara á nosa saúde.

Déixovos unha serie de gráficos para que poidades ver a diferenza entre facelo mal e facelo ben e sexades así conscientes de eses movementos. 

O RETO!
Debedes enviar ao meu email, (ajcostas@edu.xunta.es) fotos realizando as tarefas que saen nos pictos ou gráficos de maneira axeitada!
As fotos non se compartirán na páxina de Anécdotas a menos que así se confirme directamente no email enviado.
Mañá compartirei unha serie de exercicios para que poidades complementar coa hixiene postural adecuada o coidado das vosas costas!

Unha aperta virtual!


          

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Día #44

Bo día!! Hoxe a entrada vai destinada a seguir animándovos coa ximkana do confinamento!!! Aproveito para informarvos tamén de que tedes disp...