venres, 8 de maio de 2020

Día #34

Bo día!!


Poucos mimos recibín, menos dos que agardaba!

De todas maneiras os que foron chegando están xenial! Así que animádevos todos a compartir un feito cotidiano sen sonido connosco!!

Hoxe vai tocar moverse de novo, e bastante! temos que traballar por estacións!

Dividiremos o espazo co que contemos en 5 estacións diferentes, este exercicio faríase mellor fora da casa, pero non é imposible facelo en 2 habitacións (ou incluso unha se é medianamente grande e se pode valeirar).

Unha vez dividamos o espazo debemos determinar que exercicio se vai a levar a cabo en cada unha das estacións, para iso vos deixo unha folla guía, aínda que a estas alturas seguro que xa sabedes moitos exercicios e tedes claro cales son os vosos favoritos!



Realizaremos o exercicio durante 20 segundos e descansaremos 10 segundos, mentres imos á seguinte estación.

Podedes dar cantas voltas queirades ao circuito, ainda que eu recomendo, para aqueles que andiveron menos activos durante este confinamento, que non pasedes de 3 series, é dicir, que non dedes máis de 3 voltas ao circuito!!

Ánimo, e moitas apertas!!!!

E xa sabedes, agardo anécdotas no meu correo!

ajcostas@edu.xunta.es!

xoves, 7 de maio de 2020

Día #33

Bo Día!!!


Foi unha boa sudada onte? Modificastedes algo porque vos resultaba sinxelo?

Imos logo co reto de hoxe!

Debemos convertirnos en mimos e representar varias situacións da vida cotidiana tendo sempre en conta este momento que estamos a vivir.






Lembrade que os mimos non poden falar nin facer sonidos, entón teredes que facervos entender tan so coa expresión corporal!!

Déixovos uns exemplos de situacións que poderíades representar, pero serán benvidas todas aquelas que se vos ocurran!! (O disfraz de mimo é opcional, pero estaría moi ben que o levárades, por aquilo de pasalo ben!)

    • Ir tomar un café a un bar
    • Sair a facer deporte á rúa
    • Erguerse da cama tras unha mala noite
    • Quedar cun amigo para xogar
    • Volta á casa despois de ir dar un paseo
    • Prepararse para meterse na cama

Podedes enviar un vídeo coa vosa representación a ajcostas@edu.xunta.es e será publicado na páxina Anécdotas dos Retos II se especificades que se pode compartir!
Os vídeos deberán durar 1 minuto e medio de tempo, así resultará máis sinxelo de levar a eito e tamén de subir á plataforma!

Mándovos moitas apertas virtuais, estou desexando vervos de novo a todos!!!

mércores, 6 de maio de 2020

Día #32

Bo Día!!

Hoxe imos aproveitar de novo que nos deixan saír á rúa e imos realizar un reto relacionado co atletismo!

Faremos un circuíto oberón adaptado!!




O reto consiste no seguinte:
Estableceremos unha distancia duns 20 pasos marcada por dous puntos, saída-chegada e control.
Recorreremos esa distancia correndo, ida e volta.
Ao chegar realizaremos un dos exercicios que se propoñen na imaxe, esta vez non imos a realizalo por tempo, se non por repeticións,
é dicir en lugar de facer abdominais durante 15 segundos, faremos 5 abdominais independientemente do tempo que nos leve.
Ao rematar o exercicio volveremos recorrer a distancia en carreira ida e volta.
Cando cheguemos, realizamos outro exercicio.
Así ate completar o total dos exercicios do debuxo!
Este circuíto supón un bo esforzo, pero estou seguro de que todos ides lograr superar o reto!
Déixovos a imaxe para guiarvos!
Xa sabedes, a aqueles que lles resulte moi doado coas pautas que din, poden complicalo de mil maneiras, aumentando a distancia de carreira,
aumentando o ritmo de carreira, aumentando o número de repeticións, realizando o circuito varias veces... todo está no voso maxín!!!

Ánimo e a por todas! agardo os vosos vídeos e fotos en ajcostas@edu.xunta.es

martes, 5 de maio de 2020

Día #31

Bo Día!!!


Practicástedes moita puntería!? 
A verdade é que vexo na creación dos ringos que moitos de vos sodes verdadeiros artistas!!! Imos logo con outro xogo de mesa, que vexo que vos gustan e así fan que vos movades un pouquiño máis!! 
O reto de hoxe é... PARCHÍS! 



Material: 


Cada xogador ou xogadora dispón de 4 fichas dunha mesma cor (amarelas, vermellas, verdes e azuis) e dunha zona de inicio chamada “CASA”. O taboleiro está composto por casillas, 12 das cales son seguros (marcadas cun círculo no medio), polas que se pode desprazar calquera ficha. Ademáis, cada grupo dispón de 7 casillas de chegada e unha meta (casilla de maior tamaño situada no centro do taboleiro) polas que únicamente poden desprazarse as suas fichas e que están marcadas coa súa cor. Tamén necesitarás un dado. 


Normas e Obxectivo: 


Conseguir levar as 4 fichas dende a casa ata a casilla de meta recorrendo todo o taboleiro, antes que o resto de grupos. 


Cada casilla contén un exercicio que ten que realizar o xogador/a, para volver tirar o dado, seguindo a orde de tirada. As 7 casillas de chegada non están numeradas, caia onde caia deberán realizar calquera dos exercicios do taboleiro qué o xogador ou xogadora prefira. 


Antes de comezar a partida, cada xogador e xogadora lanza o dado. Aquela ou aquel que saque o número máis alto é o que comeza a partida. Todas as xogadoras e xogadores inician o xogo cunha ficha no taboleiro e as demáis na casa. 


Só poderán sacar unha ficha da casa cando obteñan un 5, e tamén (como excepción) se non teñen ningunha ficha en xogo, xa que é obligatorio ter unha polo menos. 


Esta acción é obrigatoria mentres a xogadora ou o xogador teñan fichas na casa, salvo se a casilla de saída está ocupada por dúas fichas. 


As fichas que se atopen en xogo podense mover lanzando o dado. A xogadora ou o xogador está obrigada ou obrigado a avanzar unha das fichas tantas casillas como indique o dado se é posible. 


Se o grupo saca un 6 poderá repetir turno. Se ten todas as fichas fora da casa, o 6 valerá 7 pero se saca ese número 3 veces consecutivas a última ficha que mova será enviada á casa, salvo se non se realizou ningún movemento ou se a última ficha movida se atopa no pasillo de chegada á meta. 


Fórmase unha ponte cando dúas fichas da mesma cor coincidan na mesma casilla. Se as opcións da mesa o indican, tamén é posible que dúas fichas de distinta cor formen parte dunha ponte nun seguro. As pontes impiden o paso a calquera ficha. 


Se nunha casilla houbera dúas fichas que non constituen ponte, calquera ficha podería saltalas pero nunca ocupar un lugar nesa posición. 


Se un grupo ten algunha das súas fichas formando unha ponte e saca un 6 está obrigado a romper a ponte movendo unha das fichas que a forman. Se ten máis dunha ponte formada a xogadora ou o xogador decide cal romper. 


Para "comer" a ficha dunha xogadora ou xogador contrario é suficiente con caer na mesma casilla sempre e cando esta non sexa un seguro. A ficha "comida" será devolta á casa e a xogadora ou xogador que logrou a captura debe avanzar unha das súas fichas 20 casillas sempre que lle sexa posible. 


Se un grupo no seu turno saca un 5 e a súa casilla de saida está ocupada por dúas fichas, e unha ou ambas non lle pertencen, pode "comer" a última das fichas que entrou nesa casilla e contar 20 coma en calquera outra captura. 


Os exercicios realizaranse todos por tempo. Debe ser establecido ao principio do xogo e dependendo do nivel físico de cada xogador podemos varialo: 


· 15/20 segundos 


· 20/30 segundos 


· 45 segundos... 


Desfrutádeo e lembrade! agardo as anécdotas en ajcostas@edu.xunta.es! 


Animade aos vosos papás e mamás a xogar convosco!!! 


Apertas!

luns, 4 de maio de 2020

Día #30

Bo Día!!!!


Que tal as partidas de UNO?
Quedou o corpo mallado?
Xogastedes sos, acompañados?
Resultou complicado comprender as normas?

Podedes respostar estas preguntas en comentarios!!

O reto de hoxe é construir e utilizar un RINGO (Disco Voador)

Como vos digo sempre, podemos darlle voltas para facelo máis complicado!




Primeiro construiremos os Ringos, coa parte de fora dos platos plásticos que se usan nos cumples, decoramos como nos guste e podemos ir xogando con eses ringos, pero sería interesante construir tamén, co tubo do papel de cociña, un mástil sobre o qué poidamos practicar a nosa coordinación óculo manual!

Ánimo e a por todas!!! Agardo os vosos vídeos e fotos en:

ajcostas@edu.xunta.es (a extensión pode ser .gal ou .es)

Día #44

Bo día!! Hoxe a entrada vai destinada a seguir animándovos coa ximkana do confinamento!!! Aproveito para informarvos tamén de que tedes disp...