Bo Día!!
Para hoxe, outra cousiña "light"
Que vos parece xogar un pouco á mariquitilla na casa?!
Primeiro haberá que debuxala no chan...
- Alberto, pero os meus pais non me deixan pintar no chan!
Xa o sei, eu tampouco deixo a miña filla que o faga, de feito, o que ía propoñer é que usedes cinta illante que teñades pola casa para facela!
O tema é que se perdedes o equilibrio ou pisades algunha liña, deberedes tirar os Dados Fitness e realizar o exercicio correspondente durante o tempo que marque!
Olliño amigas e amigos que aparte de divertido, vai ser cansado, avisadas e avisados estades!
Moito ánimo para todas e todos e xa sabedes! estou no meu email para calquera cousa que precisedes!
ajcostas@edu.xunta.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario