Bo día!!
O reto de hoxe será o broom challenge! (o coñecido como reto da escoba)
Ten un obxectivo claro, que non é outro que suxeitar a escoba do compañeiro antes de que caia ao chan.
So precisaredes dun pao de escoba e fregona por cada un dos xogadores que participen.
Velaquí as regras:
- Cada xogadora ou xogador debe soster un pao de escoba cunha punta tocando o chan e a outra mirando ao teito.
- Debemos separarnos a unha distancia de 1 metro aproximadamente (dous pasos longos).
- Se participamos tres persoas, faremos un triángulo, se somos catro un cadrado...
- Ao sinal deberemos soltar o noso pao e coller o do compañeiro.
- Podemos aumentar a distancia, o agarre do pao (man dereita, esquerda, as dúas, parte superior, hacia a metade, parte inferior...) dar unha palmada ou unha volta antes de soltar o pao...
- Aquela persoa á que lle caia, terá que lanzar os Dados Fitness e realizar o exercicio correspondente durante o tempo que indique o dado!
- O pao debe estar en vertical.
- Debemos soltar o pao cando se de o sinal.
- Debemos comezar a movernos cando se de o sinal.
- Non está permitido obstaculizar a compañeira ou compañeiro para coller o pao.
Apertas!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario