martes, 31 de marzo de 2020

Día #14

Bo día!!

Hoxe imos volver á expresión corporal.

Atentos ao reto!

Porque non probamos a realizar unha sesión de zumba coa canción que máis contentos nos poña!?

No meu caso, esta sácame un sorriso!



Versión Infantil! Tratade de aprender a coreografía!




Mañá compartirei convosco uns consellos de hixiene postural e algúns exercicios para que coidedes as vosas costas!

Unha aperta virtual moi grande!

Lembrade que estamos en contacto no email: ajcostas@edu.xunta.es

luns, 30 de marzo de 2020

Día #13

Bo día!!

Luns de novo e espero que estedes coas baterías ben cargadas para o que se aveciña hoxe!!!!

Como xa pasou a fin de semana e non mandei "deberes" para a casa, imos facer hoxe un dobre reto de exercicio físico!!!

BALONCESTO
A pregunta de hoxe para este deporte, a parte da norma propia, non vai ser un xogador porque si, dirédesme, na vosa opinión, cal considerades a mellor selección do mundo e a súa xogadora ou o seu xogador estrela!
Tratade de xustificar a resposta!



 BÁDMINTON
Aquí váleme con que me digades o nome da deportista española que máis éxito acadou nesta disciplina, despois de poñer a norma!!!

Lembrade que agardo as vosas fotos e vídeos en: ajcostas@edu.xunta.es, cada día sodes máis os que vos animades a compartir os vosos logros!!!

venres, 27 de marzo de 2020

Día #12

Bo día!!

Hoxe toca moverse!

Como comentamos un par de días atrás, toca outro circuito de forza e flexibilidade, relacionado cun deporte que xa practicamos en varios cursos:
FLOORBALL


Xa sabedes como vai! Realizade os exercicios na casa e logo publicade en comentarios unha norma deste deporte e unha xogadora ou xogador!

Enviade os vídeos e fotos para compartir a: ajcostas@edu.xunta.es

Esta fin de semana non vou publicar ningún reto, gardade enerxía para o luns!



xoves, 26 de marzo de 2020

Día #11

Bo Día!!!

Como vos dixen onte, alternamos físico con coco!

Hoxe toca darlle ao "brain".

A miña proposta para o reto de hoxe será que vos convirtades en exploradores dentro da vosa propia casa!

Si, líchedes ben, propoño un exercicio de orientación agochando ata seis tarxetas que iredes tachando da tarxeta de control para o que soamente precisades debuxar un plano da vosa casa, deseñar 6 tarxetas para agochar, a tarxeta de control e montar os vosos propios recorridos usando o exemplo que plantexo na imaxe.




Outra proposta (para os máis peques) é realizar unha búsqueda do tesouro, escondemos calquera obxeto e deberemos buscalo por toda a casa utilizando diferentes formas de desplazamento, con ou sen mapa, seguindo as pistas (orais ou escritas).

Agardo que todos estes retos estén servindo para distraervos un pouco e que pasedes un bo intre!

Non esquezades enviar as vosas fotos e vídeos realizando os retos a: ajcostas@edu.xunta.es para figurar na páxina de anécdotas do blog!!!

Unha aperta ben forte a todos!!

mércores, 25 de marzo de 2020

Día #10

Bo día!!

Pasástelo ben onte?

Hoxe vou propoñer un reto algo máis duro, e con carga teórica!

Estes días alternarei retos físicos con algúns que sexan máis de darlle ao coco.

Os retos físicos serán circuitos de forza e flexibilidade relacionados con algún dos deportes dos que falamos nas clases e que xa practicamos. A parte teórica consistirá en comentar neste post unha norma e un xogador de dito deporte.

Date presa porque non vale repetir!!

Comezamos con:
BALONMÁN!

Lembrarvos que tamén agardo as vosas fotos e vídeos para compartir o ben que o pasamos en: ajcostas@edu.xunta.es e que estou á vosa disposición por calquera dúbida nese correo!

Día #44

Bo día!! Hoxe a entrada vai destinada a seguir animándovos coa ximkana do confinamento!!! Aproveito para informarvos tamén de que tedes disp...