mércores, 18 de marzo de 2020

Anécdotas dos retos!

Bo día!!


Para non sobrecargar o blog con entradas diarias irei poñendo aquí os que me enviedes.
Actualizarei esta entrada unha vez ao día con cousas novas!
Mirade cantas nenas e nenos o están a pasar de rechupete!













Joel tamén participou a tope con todos os retos!





Leo e Guille seguen a romper récords en cada reto!














 





E velaquí un popurri de nenos que realizaron o reto da hixiene postural!



Naia e Unai bailan zumba con "Quédate en Casa"





Leo e Guille deron todo nos retos anteriores!



Diego aguantou ata 12 saltos sen caer!


Nico animouse a variar o reto de balonmán!








Leo e Guille cumpriron con creces o reto #9!








Lía desfrutou realizando o Reto #8!




Coidado Tiger Woods, aquí está Manuel Rial!


Adiviña a peli!



Antía supera con éxito todos os retos que imos propoñendo!






Alicia completou o Reto Ioga!



Diego tamén superou o reto Fitness!







Unai e Naia melloraron a súa condición física co Reto Fitness!




Alicia e Óscar pasárono moi ben facendo as coreos!












Antía rompendo récords nos retos!











Diego atopou dúas maneiras de cumprir o reto de onte!



Moitísimas grazas!! Reto conseguido!



Antía logrou completar o reto TikTok!!!





Antía completou de xeito satisfactorio o reto de Ioga!





Naia tamén se atreveu coa sua propia coreografía






Naia baila meneando todo o corpo nas dúas coreos que propuxen!


Xabi menea o esquelete que da gusto ao ritmo do Waka-Waka!


Hugo propón un novo reto co obxecto estrela desta corentena!



Como foi o reto onte?!
Non me digades nada, mirádeo!




Paco e Alexandra, Raíña e Rey da pista!





Aroa facendo parte da sesión de Ioga



Aroa e o seu papá, Alfonso, intentando o reto tiktok


Nico mostranos as súas dotes de bailarín coa súa mamá!



Asier e a súa Irmá demostrando o que valen!

Seguide así, estádelo a facer moi ben! Agardo as vosas fotos e vídeos en: ajcostas@edu.xunta.es










Día #3

Bo día!!

Non andaredes cansos, non?

Imos logo co terceiro reto! Hoxe toca xogar ao baloncesto!!

Para iso teremos que facer unha canastra primeiro!
Prestade moita atención ao vídeo!


Unha vez feita a canastra, o reto é colar 5 bolas seguidas!!
  • Se vos parece moi sinxelo, ampliade a distancia, limitade o tipo de lanzamento que ides utilizar: de frente, de costas, de gancho, a unha man ou coa man non dominante!
  • Se sigue sendo doado, probade a cambiar a posición: sentada ou sentado, en pé, nunha perna, en carreira, en salto, de xeonllos, tumbado...
  • Podedes xogar coa familia algún minipartido! (facede dúas canastras)
  • Dádelle emoción cambiando o reto e xogándovos algo: O que falle pon a mesa hoxe, meter cos ollos pechados, lograr as 5 canastras con cada man...
Xa sabedes, poñédelle ganas! Agardo seguir recibindo vídeos e fotos no meu correo: ajcostas@edu.xunta.es


martes, 17 de marzo de 2020

Día #2

Bo día!!


Chegamos ao segundo día dos retos!! Este desafío vai vento en popa polo que vexo.

Xa vou tendo algún material para mostrar do desafío de onte, o de hoxe non vai quedar atrás!!


Para o martes 17 de marzo quero que saquedes a relucir o artista que levades dentro, así que collede roupa cómoda, un dispositivo con conexión a internet e poñédelle moitas ganas porque hoxe imos BAILAR!



Primeiro de todo imitaremos os bailes feitos en youtube no videoxogo just dance:




Eu elixín estes dous, pero hai moitísimos máis!!!!

Unha vez cumprida esta parte do reto, con moita diversión pola vosa parte, pasamos a unha parte do reto máis complicada:
Imitar o baile da app tik tok: 



Non terei que dicir que isto xa sería reto máis que cumprido!! Pero vou engadir un punto máis a este desafío, crearemos a nosa propia coreografía para esta canción!!

Que vos parece o desafío de hoxe? Estades ready para cumplilo??? Dádelle caña!!! Agardo as vosas fotos e vídeos!!!! ajcostas@edu.xunta.es




luns, 16 de marzo de 2020

Día #1

Bo día!


Para comezar a semana gustaríame propoñervos algo sinxelo e relaxante, o material que precisamos é: Unha toalla de praia, esterilla ou colchoneta, música relaxante e un bo control postural!

Adivinastedes, hoxe toca Ioga!! 




Comparto tamén unhas posturas para que poidades recrealas! Ánimo! agardo as vosas fotos e vídeos!






























venres, 13 de marzo de 2020

Benvidas e benvidos!!!






Que tal alumnas e alumnos, nais e pais, como levamos a cuarentena?

A partir de hoxe e ata novo aviso, usaremos este Blog para establecer una comunicación fluida e que así poidamos seguir xogando e mellorando a nosa condición física.

Irei colgando en cada entrada diferentes enlaces nos que mostrarei as actividades e exercicios recomendados para no deixarse ir e poder seguir evolucionando.


Tentarei facelo de maneira que vos divirtades todos na casa e que poidades, ademáis de pasar un bo rato, sacar proveito do que comparta.

Un afetuoso saudo a metro e medio de distancia! ;)




Alberto J. Costas

Día #44

Bo día!! Hoxe a entrada vai destinada a seguir animándovos coa ximkana do confinamento!!! Aproveito para informarvos tamén de que tedes disp...