Bo Día!!
Sei que aínda teño retos pendientes de publicar, non desesperedes, vou poñer todos!!
Hoxe gustaríame pasarvos unha pequena enquisa para facerme unha pequena idea de como funcionou o blogue e tamén de como melloralo no futuro.
Son 7 preguntiñas de nada que podedes contestar en un minutiño!
Imos logo:
- Cál foi o reto que máis che gustou?
- Cál foi o que menos che gustou?
- Qué reto che costou máis realizar? Por qué pensas que foi?
- Que reto che resultou máis doado? Por qué cres que foi?
- Cál ou cales de todos os retos che pareceu ou pareceron imposibles de facer? Como pensas que podería propoñelos para que fose posible?
- Foi máis cómodo para ti que os retos propostos os realizase eu e poder velos feitos?
- Pareceuche unha boa iniciativa este plantexamento para o período de confiinamento? Por qué?
Gustaríame que esta enquisa fose o máis privada posible para non influirvos entre vos, así que prefiro que me enviedes as respostas por email e non as deixedes en comentarios!
Lembrade o meu email: ajcostas@edu.xunta.es
Esta semana continúo subindo os retos que propoñedes, se algún tivo outra idea xenial para que eu leve a cabo e poder repetila, xa sabedes onde escribir!!
Apertas a todos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario