Bo Día!!!
Como hoxe é o meu cumpreanos, vouvos deixar un reto moi
lixeiriño, orixinal e divertido:
De material, tan so usaremos un globo (se non tedes valen
tamén uns calcetíns enrrollados ;) ) tres sillas que farán de rede e un par de
raquetas de Praia (podedes utilizar as mans ou unhas sarténs pequenas!)
Para o quecemento podemos realizar toques de xeito individual
(sentada ou sentado, nunha perna, coas duas mans, de xeonllos, coas duas caras
da raqueta…) ou tamén coa nosa compañeira ou o noso compañeiro de xogo!
Podemos tratar de golpear o globo con diferentes partes do
corpo, dar palmadas entre golpeo e golpeo, agacharnos, saltar, facer unha
flexión ou unha sentadilla antes de volver a darlle… como vedes, as
posibilidades son infinitas, so hai que botarlle maxín!
Nesta modalidade podedes plantexar entre vos pequenos retos
como:
- Número de golpes que dou sen que “a pelota” toque o chan
- Número de golpes que dou cos ollos pechados
- Guiar o globo polo chan sen usar as mans
- Facer un circuito para realizar co globo sen usar as mans (sillas, mesas, sillóns, pufs…)
E non esquezades debuxar caras divertidas nos globos antes
de xogar!!
Feliz cumpleaños!!
ResponderEliminarMotísimas grazas!!!
ResponderEliminar