mércores, 25 de marzo de 2020

Día #10

Bo día!!

Pasástelo ben onte?

Hoxe vou propoñer un reto algo máis duro, e con carga teórica!

Estes días alternarei retos físicos con algúns que sexan máis de darlle ao coco.

Os retos físicos serán circuitos de forza e flexibilidade relacionados con algún dos deportes dos que falamos nas clases e que xa practicamos. A parte teórica consistirá en comentar neste post unha norma e un xogador de dito deporte.

Date presa porque non vale repetir!!

Comezamos con:
BALONMÁN!

Lembrarvos que tamén agardo as vosas fotos e vídeos para compartir o ben que o pasamos en: ajcostas@edu.xunta.es e que estou á vosa disposición por calquera dúbida nese correo!

9 comentarios:

  1. Leo e Guille Santos din: XOGADOR - Javi Díaz, porteiro do Balonmán Cangas. NORMA - Non se pode tocar o balón cos pés, excepto o porteiro.

    ResponderEliminar
  2. Hola Alberto,

    Soy Alicia de 2º Primaria.

    Unha norma de balonmán sería que cando un xogador colle o balón pode dar un máximo de tres pasos sen botar o balón. Se da máis, cometerá falta.

    Xogadora de balonmano: Carmen Martín,xogadora española que ocupa a posición de extremo dereito.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Efectivamente, o ciclo de pasos será de 3 en total mentres non se bote a pelota! Xogadoraza que saeu de Almería para mostrarnos como se consigue ángulo de lanzamento cando parece que non o hai!

      Eliminar
  3. Clara 4ºA:

    unha norma é:non bale lanzar o balón coas duas mans.

    Raúl Entrerríos es un xogador de balonmán.

    un saudo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Clara!!! Penso que te referías a botar o balón, verdade?
      Raúl é un dos artífices do nivelón que ten a nosa selección!

      Eliminar
  4. Antía Baqueiro 5°A
    Nome de xogador: David Iglesias
    Norma:
    Os penaltis tíranse dende a liña de 7 metros de distancia da portería.
    O resto de xogadores non poden sobrepasar a liña da área.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ben dito, as penas máximas lánzanse dende 7 metros de distancia, o resto de xogadores deben estar a 9 metros da portería como mínimo!
      Moi bo xogador e moi boa xente, David!

      Eliminar
  5. Hola soy Joel Piñeiro: una regla de balonmano es que no puedes entrar en el area del portero. Un jugador famoso es Joan Cañellas.

    ResponderEliminar

Día #44

Bo día!! Hoxe a entrada vai destinada a seguir animándovos coa ximkana do confinamento!!! Aproveito para informarvos tamén de que tedes disp...